Reglamento Régimen Interno de Alg-a Lab
Reglamento de Régimen Interno de Alg-a Asociación con el que tratamos de caracterizar más y mejor nuestro funcionamiento que el modo general a como está en los estatutos. Alg-a, como Asociación Cultural sin ánimo de lucro, dada de alta en el registro de asociaciones de Galiza, con su junta directiva, etc. exige unos mínimos de funcionamiento. Tratamos de ampliar esta regulación de base con protocolos para recursos y líneas de acción más específicos, como el propio Alg-a Lab u otros proyectos que surjan.
O presente regulamento interno é aprobado en Asamblea Xeral por tod@s @s soci@s. Só poderá ser modificado en Asamblea Xeral por consenso (unanimidade).
DECLARACIÓN DE PRINCIPÌOS
Alg-a Asociación ten como obxectivo apoiar e promover a arte e a investigación en tecnoloxías e culturas libres. Para elo ten os seguintes fins principais en liña cos especificados máis polo miúdo nos seus Estatutos:
- xestionar e dinamizar o espazo físico Alg-a Lab e o espazo virtual http://alg-a.org .
- fomentar a acción e a investigación en relación coa arte electrónica e dixital, a cultura libre e o procomún.
- colaborar en rede con outros colectivos, asociacións e proxectos comprometidos con estes principios.
- organizar eventos artísticos, socioculturais e educativos no Alg-a Lab ou fóra do mesmo.
- contribuir á dinamización sociocultural do entorno de Valadares colaborando cos seus principais axentes institucionais e veciñais.
- promover a lingua galega en todos os eidos de acción, creación e difusión.
- facilitar a integración das persoas desfavorecidas, con discapacidade ou en risco de marxinación social no eido das actividades que promove a asociación.
ASOCIAD@S
Serán soci@s de Alg-a todas as persoas inscritas no listado de soci@s da Asociación que estean ao corrente no pago das cotas establecidas e cumpran cos principios e fins da Asociación.
ORGANIZACIÓN INTERNA
O principal órgano de decisión é a Asamblea Xeral. A asistencia non é obrigatoria (agás para @s membros da Xunta Directiva) e deberá realizarse, cando menos, unha vez ao ano. Nela deberá informarse do estado de contas, investimentos feitos e orzamento anual e definiranse os obxectivos de cara ao seguinte exercicio. A xestión do día a día da Asociación é respondabilidade da Xunta Directiva, ou ben das persoas que esta nomee expresamente para ilo. Por outra parte, a Asociación promoverá a participación interna d@s soci@s en todas as súas actividades e máis alá soamente das Asambleas Xerais.
O espazo físico do Alg-a Lab conta cun equipo de xestión e dinamización propio e independente, ainda que ratificado pola Xunta Directiva. As labores do equipo e o seu funcionamento veñen explicitados no “Manual de Uso” do Alg-a Lab, a disposición d@s usuari@s no local mesmo e máis na web. O equipo de xestión do Alg-a Lab actuará sempre de conformidade cos principios da Asociación e co beneplácito da Xunta Directiva.
Asimesmo, a Asociación contempla a creación doutros grupos de xestión e de traballo independentes, vencellados a ámbitos como o portal web, a radio libre, os montes veciñais, ou calquera outro de carácter técnico ou cultural no que a Asociación poida involucrarse.
ALG-A LAB
O Alg-a Lab é un espazo de arte e investigación ubicado na parroquia de Valadares (Vigo). A Asociación dispón dun contrato de cesión por un periodo de 10 anos, a contar dende abril do 2008, para libre uso das instalacións, bens e recursos incluidos na finca. Deste xeito, o Alg-a Lab convertéuse no local e sede social da Asociación. A Asociación, e por ende a Xunta Directiva, é a garante última e responsable das actividades que se celebren no espazo e do uso que se faga dos seus bens e recursos.
REGULAMENTO INTERNO DE ALG-A ASOCIACIÓN
A administración e dinamización do día a día do Alg-a Lab delégase nun equipo de xestión que está integrado por diferentes soci@s residentes. Tod@s @s demáis soci@s poderán usar o local e os seus recursos, respetando sempre a labor do equipo de xestión e as condicións que este acorde, incluidas no “Manual de uso”.
CONTABILIDADE E COTAS
A contabilidade farase publica anualmente na Asamblea Xeral.
As cotas de soci@ aboaranse, preferentemente, entre os meses de Agosto e Outubro, con motivo da correspondente Asamblea Ordinaria, e terán validez de un ano, a renovarse sempre nestas mesmas datas.
A cota de soci@ é de 2€ e poderá adquirirse, co seu carnet de soci@ correspondente, no local social da Asociación.
ACTIVIDADES
Tod@s @s soci@s serán informad@s, mediante correo electrónico, dos diferentes actos e actividades da Asociación.
Archivos relacionados
Actividad de grupos y nodos
-
04-02-15
En el C.S.A. do Sar estamos reformando el sótano.
Pasaos a participar. Será una futura sala de ensayos para grupos de música del barrio. -
29-01-15
Projeto de caráter colaborativo de intervenção direta sobre a cidade e seus espaços cotidianos.
-
22-01-15
Artículo --algo antiguo ya, 2005-- en inglés sobre la cultura activista en torno al espacio público. Algunos ejemplos relevantes (Critical Mass, Space Hijackers, etc.), algo de teoría y algo de bibliografía.
-
22-01-15
Informe sobre la posibilidad de grabación de las acciones de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado durante el ejercicio de sus funciones, publicado por el Grupo 17 de Marzo.
-
22-01-15
Este manual es un trabajo del Grupo 17 de Marzo, sociedad andaluza de juristas para la defensa de los derechos humanos colectivos e individuales. Trabaja aspectos que tienen que ver con la autodefensa civil del manifestante y del migrante de cara a que estos sepan sus derechos y sean menos vulnerables frente a los abusos de las autoridades.
-
22-01-15
Modelo de alegaciones a las multas sobre la Ley Antireunión (Ley 7/2006), hecho desde La Calle es de Todxs.
-
22-01-15
Reflexión sobre el uso del Espacio Público. Ponencia presentada en las jornadas Capital y Territorio por el colectivo La Calle es de Todxs. Este colectivo se formó en Sevilla a raíz de la aplicación de la última Ordenanza Cívica.
Comenta