O antigo cárcere provincial da Coruña, actualmente en desuso, preséntasenos hoxe como un desafío á cidadanía coruñesa para intentar acadar a transformación radical dun espazo representativo da represión noutro representativo da convivencia libre, onde primen os usos sociais, culturais ou educativos e, dada a significación do propio edificio, onde a memoria histórica estea sempre presente.

A Plataforma creada a finais de 2010 entre distintas persoas e colectivos cidadáns, recolle as inquedanzas dos veciños do barrio e da cidade en xeral en torno á idea exposta, e tenta crear un movemento cívico de concienciación do dereito a acadar eses fines.

A independencia na xestión do futuro edificio preséntasenos como outro dos obxectivos.As fórmulas participativas que se establezan deberán conceder especial protagonismo á capacidade de decisión das asociacións culturais, sociais, veciñais ou educativos que formen parte do proxecto.

Fuximos de investimentos millonarios e apostamos por modelos sustentables e de aproveitamento dos recursos existentes. Dentro dos modelos de financiamento que se poidan establecer, e tentando reducir na maneira do posible a dependencia económica, a autoxestión preséntasenos como medio idóneo para acadar os obxectivos marcados.

A Plataforma –constituída por aproximadamente corenta persoas- organizouse en grupos de traballo de distintas materias: obxectivos, xestión – financiamento, comunicación e infraestruturas.

A Asemblea é o órgano soberano de toma de decisións, preferentemente por consenso, en aras a acadar os obxectivos marcados .

Esta Asemblea terá en todo momento un carácter aberto a persoas ou colectivos que se queiran sumar a este proxecto, pois queremos que sexa a cidadanía a principal protagonista e a que en definitiva dea forma ao mesmo.

http://proxectocarcere.blogaliza.org/

Activismo, Arquitectura, Arte
Autogestión, Participación
Este grupo no ha generado contenidos en la web.

Noticias de los usuari*s del colectivo

  • 05 Dic 2013

    La plataforma ciudadana Proxecto Cárcere os invitamos a la inauguración de la exposición «Jail art» que recoge parte de la obra recibida en la convocatoria de mail art realizada por la plataforma.