C.S.A. do SAR -Casa do Peixe-
Sobre nós:
O Centro Social Autoxestionado do Sar é un proxecto que nace da vontade de dotar á cidade de Compostela dun espazo aberto para uso da veciñanza e os movementos sociais de Compostela. Un espazo, así mesmo, onde teña cabida a cultura e o lecer alternativos.
O funcionamento do centro social é asembleario e autoxestionado: o espazo organízase mediante unha asemblea aberta na que participan os diferentes colectivos da casa e persoas que acuden a titulo individual. O centro finánciase coas doacións que recibe da xente que fai uso del, que son destinadas integramente á mellora e mantemento do espazo. Asi mesmo as actividades deberán ser abertas, non lucrativas e ter unha finalidade social. Se queredes organizar algunha actividade vinde á asemblea ou escribídenos un mail.
Os colectivos que participan activamente na casa son: Asemblea Aberta, Stop Desafiuzamentos Compostela, Proxecto Integral Compostela (PIC), Colectivo Estudantil Libertario LIZA, e a Rede Solidaria de Compostela.
Así mesmo existe un colectivo de obras e reformas e organizase nas asembleas abertas. Está presente na natureza do centro xa que foi necesaria unha profunda rehabilitación e reforma da casa, a nivel tanto estructural como constructivo. Polo tanto a propiedade e como unha masovería. A casa está no rueiro histórico do Sar, de configuración tradicional (muros de pedra, estructura de madeira, cal), pero estaba en moi mal estado. Cun respeito na rehabilitación mixturado con pura necesidade, presuposto cero e típicos apaños constructivos convencionais.
Hoxe en día a casa xa cumpliu dous anos de portas abertas, e vai funcionando cos distintos colectivos dentro.
Animádevos a participar na construcción dun espazo de tod@s para tod@s!
Rúa Curros Enriquez nº28, Santiago de Compostela
A Coruña
-
04/02/15
En el C.S.A. do Sar estamos reformando el sótano.
Pasaos a participar. Será una futura sala de ensayos para grupos de música del barrio.
Noticias de los usuari*s del colectivo
-
18 Feb 2015
Proyección del documental "Matavenero, el pueblo arcoiris", con la presencia del director, Pablo Alonso.
Viernes 20 de Febrero, a las 22:00h en el C.S.A. do SAR, Curros Enrriquez, nº28, Santiago de Compostela.