alg-a

Distribuir contenido Alg-a
Web site da rede galega alg-a.org. Net label. Galería. Laboratorio. Arte e acción.
Actualizado: hace 11 mins 38 segs

Parag K Mital

Jue, 17/05/2012 - 21:18

Parag K Mital é un creador e programador que se atopa facendo un doctorado na Universidade de Goldsmiths, en Londres.

A súa páxina web é unha auténtica mina de código, ideas e proxectos para a xente interesada na Computer Vision e o Audio Aumentado.

Nela pódense atopar cursos sobre Creative Coding e Computer Vision, Openframeworks + IOS que imparte no Center for Experimental Media Arts, código de programas en Openframeworks coma projection mapping, hand tracking, face detection, e proxectos coma Sonic Graffiti ou Oramics, sobre o arquivo do músico eletrónico Daphne Oram.

Categorías: red_aacc

Construción de teito verde + Furancho electrónico

Mar, 15/05/2012 - 13:32

Dende Alg-a Laboratorio convidámoste á xornada de construción dun teito verde que faremos o próximo sábado 19 de maio dende ás 11 horas. Esta é a xornada final de colocación das capas de impermeabilización, drenaxe e manto verde, despois de varias xornadas construindo e colocando a estrutura base en pendente. A xornada prolóngase dende a mañá á tarde, cun bar, xantar e furancho nocturno. Coordinado por Alex Milenikos & Alg-a Productions.

Dende Alg-a Laboratorio convidámoste á xornada de construción dun teito verde que faremos o próximo sábado 19 de maio dende ás 11 horas. Esta é a xornada final de colocación das capas de impermeabilización, drenaxe e manto verde, despois de varias xornadas construindo e colocando a estrutura base en pendente. A xornada prolóngase dende a mañá á tarde, cun bar, xantar e furancho nocturno. Coordinado por Alex Milenikos & Alg-a Productions.

"Teitos verdes", "naturación de azoteas" ou "Green roofs" basicamente refírese a ter un xardín no teito ou terraza do seu inmoble. É un sistema que permite cultivar sobre unha losa calquera tipo de vexetación; dende pasto até unha árbore. Ter un teito verde no seu fogar ou lugar de traballo ten grandes beneficios medio ambientais, de saude e económicos. En Europa empregáronse teitos e paredes verdes dende hai miles de anos, onde foron punta de lanza en materia de sustentabilidade. Actualmente en Estados Unidos desenvólvense normas, recomendacións e leis que incentivan o emprego de tecnoloxías verdes nos edificios. (LEED-USGBC). Os teitos verdes tipicamente teñen as seguintes compoñentes:

  • Impermeabilizante Antiraíz: é unha capa de impermeabilizante especial que impide que as raíces da vexetación poidan dañalo.
  • Aillante: protexe a lousa do calor ou frío en exceso.
  • Capa de drenaxe: permite que o agua que non alcanza a reter o sustrato se poida drenar.
  • Filtro: evita que o sustrato se erosione co auga.
  • Sustrato: é o medio no cal medra a pranta (terra especial)
  • Vexetación: pode ser case calquera pranta.

Dende Alg-a Laboratorio convidámoste á xornada de construción dun teito verde que faremos o próximo sábado 19 de maio dende ás 11 horas. Esta é a xornada final de colocación das capas de impermeabilización, drenaxe e manto verde, despois de varias xornadas construindo e colocando a estrutura base en pendente. A xornada prolóngase dende a mañá á tarde, cun bar, xantar e furancho nocturno. Coordinado por Alex Milenikos & Alg-a Productions.

Categorías: red_aacc

O.M.E.GA en Vigo

Lun, 14/05/2012 - 18:45

CRISEWHATCRISE?

Concertazos da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (OMEGa)

Será este vindeiro 18 & 19 de maio no Teatro Ensalle de Vigo (Rúa Chile 15) ás 22:00 e ás 21hrs, xusto despois do Día das Letras Galegas e antes do alineamento cósmico e o eclipse anular previsto para o domingo 20 por astrónomos e astrólogos de todo espazo-tempo como un momento excepcional.

O venres 18 a OMEGa preséntase desarticulada en 7 formacións nas que se exploran diferentes achegamentos á improvisación sonora en pequenas e medianas formacións de carácter variado e variable.

O sábado 19 teremos o placer de presentar de novo á OMEGa ao vivo, dirixida polas ideas propostas e traballadas por diferentes músicos da Orquestra nestes últimos tempos, como una pequena mostra do enorme potencial e a riqueza que atesoura un proceso colectivo de descoberta como é a creación sonora espontánea.

Música improvisada baixo conducción xestual sustentada na atención mutua, na incertidume do instante e na confianza plena no presente continuo.

Entrada: 9€. Dous días: 12€

Moitas grazas pola atención.

Agardamos difusión, reenvío e a vosa presencia física ou virtual calquera dos dous días ou ambos se sodes da casa-causa.

Saúdos vibracionais.

ImaxinaSons 2009 OMEGa conducida por Fred Frith:

http://vimeo.com/33125518

Categorías: red_aacc

OUTLET LE CHANELAS NA POLA

Vie, 11/05/2012 - 02:04

Queremos celebrar estes catro anos de fructuosos resultados!!!

Con diferentes proxectos, venta en diferentes tendas e showrooms de toda España e Portugal. Como O Salonciño, The Mood Porto, Fitting Room en Barcelona, Showroom EGO de Cibeles. Agora podes aduirir as nosas prendas na tenda de Vigo Marché de Rachel( Marques de Valadares nº 22, bajo) e online.

Proxectos de colaboración con diferentes artistas, músicos, como o vestuario par Dr. Fishman DJ no Sónar, para a curta de de Jose “Carapuchiña e o Pobo Feroz de Jose, tamén vestuario para “Vivencias de una urraca” de Amaya González na súa exposición no M.A.R.C.O., estilismo y vestuario para o videoclip “Shame on Us” do grupo lugués Hollywater.

Ademáis de impartir cursos de costura creativa aqui no taller Chinocas e o curso de Reciclaxe con lonas para nenos e grandes no Festival Vigotransforma organizado por Esmerarte.

A participación na Pasarela LUCUS MODA presentando a colección “Non queimes o que más queres” como 3º premio do concurso.

E en agosto ímonos a Helsinki ó Lasipalatsi Design Markets 2012!!!!

Haberá roupa de maiores e pequenos, bolsos, complementos, todo ó 50 %.

O performance de HEDONISTAS”TOUCH &PLAY”(pódese tocar)

Pinchi Mina DJ

E probablemente un desfile sorpresa!!! OS ESPERAMOS A TODOS E A TODOS OS VOSOS AMIGOS!!!!!

VIVA Ó CHANELAS TEAM!!!!

LE CHANELAS

Categorías: red_aacc

4 Sons Creativos. Son e natureza

Vie, 11/05/2012 - 00:40

Vía María Roja

Casa do Saber (Lugo) 11 – 12 maio 2012

Nesta cuarta edición, o certame estará adicado ao compositor José Luis Carles Arribas, recoñecido investigador en temas de percepción sonora, análise cualitativa do medio ambiente sonoro e interacción entre estímulos visuais e auditivos. Ponencias, mesas redondas, concertos, talleres, instalacións sonoras e performances configuran un amplo programa integrado baixo o título común “Música e natureza” temática que servirá como fío condutor de tódalas actividades.

PROGRAMA

VENRES, 11 DE MAIO

• 9:00 a 9,30 h

Entrega de acreditacións

• 9:30 a 11:00 h

Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: ecoloxía” a cargo de José Luis Carles, Cristina Palmese e Juan Gil López e Carlos Suárez, do espazo interactivo escoitar.org.

11:00 a 11:30 h

Inauguración dos 4º Sons Creativos e presentación do DVD Música, espazos e cidade no que se recollen as obras creadas e estreadas nas tres edicións anteriores dos Sons Creativos.

• 12:00 a 13:30 h

Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: historia e creación sonora” a cargo de Inmaculada Cárdenas, Javier Garbayo, Miguel Molina e o alumno e as alumnas de José Luis Carles da Universidade Autónoma de Madrid (UAM), Jesús Barranco, Estrella Sánchez e Laura María García.

• 16:30 a 18:00 h

Relatorio e mesa redonda sobre “Música, natureza: pedagoxía” a cargo de Adolfo Murillo Ribes, Elena Hidalgo e Mónica Álvarez, profesorado e compositores pertencentes a diferentes estamentos da educación: escola, ensino medio e universidade.

• 18:30 a 20:00 h

Ensaios e preparación do concerto.

• 20:00 h

CONCERTO COLECTIVO con obras José Luis Carles e Cristina Palmese, Miguel Molina, Rocio Garriga, Juan Antonio Lleó, Elena Hidalgo, Antonio Alcázar, Adolfo Murillo Ribes, Juan Gil López, Carlos Suárez e dos membros de GCMUS: Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero, Mónica Álvarez e Efraím Díaz.

SÁBADO, 12 DE MAIO:

• 9:30 a 11:00 h

Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: tecnoloxías e medios de comunicación” a cargo de Rocío Garriga Inarejos, Juan Antonio Lleó, Jesús Otero-Iglesias e Arturo Vaquero.

• 11:30 a 13:30 h

Taller de creación a cargo de Carlos Suárez de escoitar.org.

• 13:30 h

Presentación dunha performance a cargo de Berio Molina e María Roja e clausura dos 4º Sons Creativos

Categorías: red_aacc

Ópera Espontánea no Liceo Mutante

Vie, 04/05/2012 - 13:51

Sábado 5M no Liceo Mutante n Pontevedra, ópera espontánea con: Juanma Lodo (electrónica) + mdmme (osciladores) + Vestida De Princesa (voz). x 4 pavos..

Categorías: red_aacc

Convocatoria Multiplensemble: Ópera Interactiva

Mié, 25/04/2012 - 21:13

VISIÓNS SONORAS SOBRE O LÉREZ (OPERA INTERACTIVA)

Convócase as persoas que desexen participar no proxecto OPERA INTERACTIVA “Visións sonoras sobre o Lérez”, mediante o envío de fotografías, textos, música, videos … inspirados na temática do proxecto (a illa das esculturas e a ponte dos tirantes en Pontevedra).

2º Poderá concorrer a esta convocatoria calquera persoa sen limitación de idade nin de nacionalidade.

3º Os documentos enviados deberán ser inéditos, sendo cada participante responsable da súa orixinalidade, para o cal deberán enviarse xunto cos seguintes datos:

– Título (das fotografías, videos, textos, música …)

– Nome e apelidos

– DNI

– Correo electrónico

4º Os documentos poderanse enviar ata o 30 de abril a seguinte dirección: operainteractiva@gmail.com

http://www.multiplensemble.com

5º Os creadores do espectáculo poderán utilizar estes documentos para a súa elaboración, deste xeito o proceso creativo convírtese nun proceso interactivo.

6º A data do estreo do espectáculo será comunicado na páxina http://www.multiplensemble.com (previsiblemente será a finais de maio - principios de xuño)

Categorías: red_aacc

Cómo matar ao intermediario

Mar, 24/04/2012 - 08:44

Conferencia de Hernán Casciari, editor da revista Orsai, no TEDxRíodelaPlata.

Categorías: red_aacc

Plataforma Consal

Mar, 24/04/2012 - 07:47

Dende Sinsalaudio convidámoste a entrar ata a cociña no noso proceso creativo. A vía pode ser económica, laboral ou a través dunha proposta de proxecto para desenvolver conxuntamente. Contamos contigo para que engadas sal aos nosos proxectos. Por exemplo, a través da nosa plataforma Consal, dende o que poderás crear proxectos ou apoiar outros.

Voluntariado

Poden ser voluntarios de Sinsalaudio todas aquelas persoas que estean interesadas en traballar e colaborar connosco porque queren aprender ou promocionarse a través das nosas actividades.

En principio, esta colaboración realizarase sen ánimo de lucro.

Os voluntarios de Sinsalaudio non substituirán aos profesionais que traballan connosco. A nosa intención é reforzar aqueles apartados que non podemos cubrir como nos gustaría.

Se es estudante universitario, tamén podes solicitar as túas prácticas externas connosco. Si queres podes coñecer aos nosos voluntarios ou escribirnos para apuntarte.

Colaborar co festival

Buscamos colaboradores que participen no Festival Sinsal; compartindo difusión; intercambiando recursos; ofrecendo descontos e regalos aos nosos socios, etc.

Este é un espazo de relación entre empresas de diferentes ámbitos. A colaboración pode ser intercambiando servizos ou compartindo actividades.

Como podo colaborar desde a miña empresa?

Hai diferentes opcións: ceder recursos; agasallos ou descontos para os nosos socios; prestar servizos; difusión e publicidade; etc.

Que ofrecemos?

O soporte publicitario da nosa web e redes sociais. Promoción gráfica en todas as actividades do Festival Sinsal. Intercambio de servizos e recursos. Descontos en concertos e material discográfico, etc.

Patrocinar o festival

O Festival Sinsal cumpre dez anos e é un nome con identidade propia dentro da programación cultural de Galicia.

Os concertos do Festival Sinsal son unha boa oportunidade de identificar unha marca cun tipo de evento persoal, especializado e, sobre todo, innovador.

Defendemos un modelo de cultura artesanal, de pequeno formato e máis sostible, que fomenta a relación persoal e preocúpase pola xestión dos recursos públicos e privados.

O Festival Sinsal ofrece diferentes soportes, posibilidades de visualización ou promoción ao longo de todo o ano e en diferentes escenarios.

Socios de Sinsal

Como podo ser soci@ do Festival Sinsal?

Pois por unha cantidade de 50 Euros anuais.

Con esta achega apoiarás todas as actividades do Festival Sinsal e, a cambio, obterás diferentes vantaxes económicas: entrada gratuíta aos concertos de pequeno formato e descontos de ata un 50% noutras citas como o Festival Sen Sal San Simón, as actuacións en auditorios, etc.

Ademais, participarás en sorteos de agasallos dos nosos colaboradores; descontos en artigos de Sosoaudio e a tenda de Sinsalaudio ; etc.

Plataforma Sinsal

Tes unha idea?; sempre quixeches facer un concerto, editar un disco ou realizar un vídeo?; queres propor ou presentar algunha actividade no Festival Sinsal?

A Plataforma Consal ofréceche a posibilidade de integrar ideas dentro do Festival Sinsal ou de buscar axuda e financiamento para realizalas pola túa conta.

A plataforma Consal non é un espazo de micromecenazgo como o crowdfunding, senón que ofrece un servizo máis personalizado. Todas as propostas aceptadas deben manter algunha relación, directa ou indirecta, con Sinsalaudio nos seus diferentes apartados: música, editorial, escola sinsal, etc.

Categorías: red_aacc

XLIX Congreso Nacional de Filosofía Xoven

Lun, 23/04/2012 - 14:03

NORMAL acolle o 25, 26 e 27 de abril as sesións de encontro e debate do XLIX Congreso Nacional de Filosofía Xoven: Filosofía e sentidos.

Organizado por Universidade Invisíbel, o XLIX Congreso de Filosofía Xoven xira en torno á relación da filosofía cos sentidos; dende a arte e a estética como sentido, ás sensacións que de feito teñen lugar nas experiencias científicas ou políticas. Céntrase nas zonas de transición e intercambio entre disciplinas, así como no doble vínculo: a arte fainos sentir, pero sentindo coñecemos doutro modo, xeramos outra política, outra vida, outro espazo público ou común. Introduce unha liña transversal en torno á cuestión da tecnoloxía e a realidade virtual dende o punto de vista da Historia da Filosofía.

Mércores 25 de abril

09:00-10:00h: Asemblea inaugural e entrega de materiais.

10:00-12:00h: PANEL 2 Percepción e sentidos na Historia da Filosofía. O fantasma e o acontecemento imposible. Entre Slavoj Zizek e Jacques Derrida, Abraham Rubín, Proxecto Derriba. A apoteose do simulacro en Deleuze, Víctor Páramo, Universidade de Valencia.

Debate

12:00-14:00h: PANEL 4 Experiencia, ciencia e sentidos. Que son as imaxes, que significa ver?, Carlos Areán. Dous modelos de ciencia (e de maxia): Weber e Goody, Eduardo Zazo.

Debate

14:00-16:00h: Xantar.

16:00-18:30h: PANEL 3 Biopolítica e novas formas de relación política. O afora como horizonte subversivo. A posibilidade onto-ética (segundo Gilles Deleuze), Rebeca Baceiredo.

PANEL 1 Arte e Filosofía. Diferentes silencios, diferentes tempos (falar de música e escoita con John Cage e Luigi Nono), Susana Jiménez Carmona, UNED. Emil Cioran: entre o silencio e a música, Irmina Majchrzak, Universidade de Sevilla.

Debate

18:30-20:00h: Filosofía, sentidos e modificación da conciencia, José Luis Vila Leirós. A experiencia bioética como mediación de novos sentidos na relación humano-tecnolóxica, María Izaskun Petralanda Jauregui, Universidade Central de Venezuela.

Debate Peche

Xoves 26 de abril

09:30-10:00h: Asemblea organizativa da xornada.

10:00-12:00h: PANEL 3 Biopolítica e novas formas de relación política. O xurdimento da ética animal: máis aló do antropocentrismo e do ecoloxismo, Óscar Horta, Universidade de Santiago de Compostela. As fronteiras da consideración moral: oposicións entre ambientalismo e ética animal, Cátia Faria, Universitade Pompeu Fabra.

Debate

12:00-14:00h: PANEL 4 Experiencia, ciencia e sentidos. Laboratorio de Esquizoanálisis Man Hauser, Teatro RESOANTE. A creación na era postdixital, Marta Álvarez Guillén.

Debate

14:00-16:00h: Xantar.

16:00-18:30h: PANEL 1 Arte e Filosofía. Transgresión e “arte republicano” en William Blake: a humanización do sublime, F. Gimeno, Profesor de Filosofía de Secundaria.

PANEL 3 Biopolítica e novas formas de relación política. “Pensar co corazón”: Paz, Igualdade e Xustiza ecolóxica no pensamento de Petra Kelly, Angélica Velasco Sesma. Ambivalentes: o rexime da impuganción, Miguel Ángel Martínez Quintanar e Luís García Soto.

Debate

18:30-20:00h: PANEL 2 Percepción e sentidos na Historia da Filosofía. Percepción e cambio en Henri Bergson, Jorge López Sarry Álvarez, Universidade Santiago de Compostela. Algúns problemas da categoría “muller” dentro da teoría feminista, Ana Isabel Dapena Sieiro, Universidade Santiago de Compostela.

Debate Peche

Venres 27 de abril

09:30-10:00h: Asemblea organizativa da xornada.

10:00-12:00h: PANEL 3 Biopolítica e novas formas de relación política. Os autómatas mecánicos e a política da sociedade, Antón Fernández de Rota Irimia, de Zoopolitik. O principio da publicación II, Ramón Palao Gómez.

Debate

12:00-14:00h: PANEL 3 Biopolítica e novas formas de relación política. Do bíos ao oikos: natureza, traballo e dó nos desprazamentos da(s) política(s) contemporáneas, Beatriz Hauser, Proxecto Derriba. A fame, Colectivo Guindilla Bunda Proyect.

Debate

14:00-16:00h: Xantar.

16:00-17:30h: PANEL 1 Arte e Filosofía. Filosofía da arte rupestre prehistórica da Península Ibérica, José Fernández Quintano, Universidade de Barcelona. O impacto estético-social nas vangardas históricas, Sara Eugenia Ferreño Pérez, Estudante de Filosofía.

Debate

17:30-19:00h: Asemblea e conclusións.

Categorías: red_aacc

Clausura NóssomossòN

Lun, 23/04/2012 - 13:58

Venres 27 d Avril ás 20.30: Concerto no espazo Normal d A Coruña

Remata a exposición comisariada por Alg-a sobre tecnoloxía e cultura aural cun concerto único: Alg-a + Parto + Escoitar.org.

Alg-a + Parto + Escoitar.org, 3 comunidades de artistas galegos referentes internacionais no contexto do audio experimental e na investigación sonora, xúntanse por primeira vez na Galiza.

Nesta ocasión, Patxi Valera de Parto, mdmme de Alg-a e Berio Molina de Escoitar.org propoñen un concerto onde mesturarán gravacións de sons da cidade da Coruña, percusión feita con auga e ruídos realizados con aparellos electrónicos, creando sorprendentes texturas sonoras de gran beleza e complexidade.

Categorías: red_aacc

Furancho Electrónico no Alg-a lab

Jue, 19/04/2012 - 23:33

Sábado 21, a partir das 21.00, doble sesión:

REC_L (live set + danza/performance)

VESTIDA DE PRINCESA (ópera electrónica)

bar + petiscos + pódese fumar

Categorías: red_aacc

Club Sinsal 012

Dom, 08/04/2012 - 13:25

Música, cinema, música, fotografía, música, danza, música, maxia, música, cómic, música, moda, música, pintura, música....

O próximo 14 de abril arrincará a nova programación do Festival Sinsal para este 2012. Chámase o Club Sinsal e desenvolverase en diferentes espazos do Museo MARCO de Vigo.

As actividades iniciaranse a partir das 18.00 horas da tarde e, de forma ininterrompida, estarán presentes ao longo de todo o Museo en diferentes espazos e escenarios.

ESCENARIO SALÓN:

PHAEDRA: (con Victor Ferreiro) 19.00 horas

MONTGOLFIER BROTHERS: 21.00 horas

ESCENARIO SUPER8:

ORQUESTRA METAMOVIDA: 18.00-18.30 horas

IGNORANTES: 19.00-19.30 horas

MCOM (Microcolectivoorugamachine): 20.00-20.30 horas

FANTASMAGE: 21.00-21.30 horas

ESCENARIO LABORATORIO:

RECOJO CHATARRA: 18.00-18.30 horas

CARLOS SUAREZ: 19.00-19.30 horas

DRAEN: 20.00-20.30 horas

UCRANIAN BRIDE: 21.00- 21.30 horas

A todos estes concertos hai que sumarlle as presentacións do espazo ESCRITORIO con escritores, A ESCOLA con directos para públicos infantís, PERFORMANCES, SHOWROOM de alumos de Belas Artes e Esdemga, concursos, etc.

Esta semana poranse á venda os bonos de 20 Euros con dereito a todos os escenarios. Despois, o propio día do concerto, haberá entradas por actuación de 5 e 12 Euros.

mercar entradas

Outros escenarios como o ESCRITORIO ou o SHOWROOM son gratuítos.

Máis información en breve.

foto: Ucranian Bride no Alg-a Lab, by DAVID TOMBILLA

Categorías: red_aacc

Taller n alg-a lab: Construción dun Teito Verde

Vie, 23/03/2012 - 19:48

O Sábado 31 Marzo, de 11.00 a 20.00, faremos un teito verde para illamento do módulo "schizo" do alg-a lab, coordinadxs polo arquitecto Alex Mikelinos. Convidámosvos a aprender e participar axudando na montaxe. O taller é de balde. Levade para xantar, bebida e petiscos pódense mercar no lab.

ás 21h:estrea da performance "Amantes",por María Lado + mdmme

ás 22h: Furancho Electrónico: Akelarre no System (alg-a lab) + convidadxs

cómo chegar:

GPS @42.176361, -8.7244

deica!!

Categorías: red_aacc

Encontro Permacultura + Opentech no Alg-a lab

Mié, 14/03/2012 - 14:39

Este sábado no Alg-a Lab: Xornadas de permacultura & open tech + Furancho Electrónico !!!

+ a partir das 10:30 traballos hortícolas

+ 11:30 poda maceira

+ 16:00 obradoiro bockashi 'ftm'

+ 18:00 construcción invernadoiro para planteles

+ 20:00 encontro horta dixital

+ 21:00 make up aumentado +info

+ 22:00 akelarre sound system

Convidámosvos a unha xornada completa, podedes vir ao que máis vos interese, ou a todo, traer comida, hai pinchos e bebida no noso Furancho !!!

autobús C7 - todo o día - como chegar? GPS @42.176361, -8.7244

++ rede hortas copyleft ++ banco d tempo d valadares ++ alg-a lab ++ feira imaxinaria nómade ++ a cova dos ratos

Encontro Permacultura + Opentech no Alg-a lab

Categorías: red_aacc

NOSSOMOSSON

Jue, 01/03/2012 - 20:26

Do 12 de Marzo ao 27 d Avril no espazo Normal de A Coruña: NÓS SOMOS SON: hábitat sinestésico interactivo

comissariado colectivo: alg-a + binaural + escoitar + parto

toda a info en http://nossomosson.org/

O son, terra libre da linguaxe, por fin. Lonxe da dualidade, corpo e mente, espíritu e materia, natureza e civilización, profano e sagrado, onde resoan as esencias comúns do universo e dos seres humanos, unha viaxe cara á nosa orixe. Ser orixinais. A materia e o universo como ondulación, as relacións como resonancias, os afectos como vibracións.

Efectivamente, nós somos sòn.

Unha exposición que se podería encadrar dentro da arte sonora, unha exposición como ecosistema e territorio de posibilidades, en que se propón un corpo a corpo coas instalacións sonoras, onde o visitante se poida converter nunha terminal que activa, desactiva, modula e, en definitiva, habita ese territorio á súa vontade. Sen intermediarios nin conceptos. Puro fluír, presente continuo, corpo e máquina fundidos nunha éxtase para os sentidos.

Categorías: red_aacc

NOSSOMOSSON

Jue, 01/03/2012 - 20:26

Do 12 de Marzo ao 27 d Avril no espazo Normal de A Coruña: NÓS SOMOS SON: hábitat sinestésico interactivo

comissariado colectivo: alg-a + binaural + escoitar + parto

toda a info en http://nossomosson.org/

Categorías: red_aacc

Taller d Supercollider na Normal

Vie, 24/02/2012 - 14:05

Ofrecemos un obradoiro de iniciación a SuperCollider, orientado a todas as persoas interesadas na aplicación creativa desta linguaxe informática, sexa cal for a disciplina en que traballen, aínda que carezan de coñecementos previos en materia de son ou programación.

SuperCollider é un contorno de programación enfocado ao proceso de audio, síntese e composición algorítmica en tempo real. Ao se tratar dunha linguaxe de programación dinámica, pode ser usado para live coding, performances en que se escribe, modifica e executa código en directo ou “ao voo” (on-the-fly). Foi desenvolvido orixinalmente por James McCartney (1996-2002, soamente dispoñible para MacOS) e desde o ano 2002 é sóftware libre baixo licenza GNU; pódese utilizar tanto para a síntese de audio como de imaxe, todo iso en tempo real e con múltiples posibilidades de interacción con outros programas e dispositivos. datas Do 15 de marzo ao 31 maio de 2012 día Xoves de 17:00 a 20:00 horas curso 30 horas prezo 35€ membros da comunidade universitaria / 55€ público xeral

O curso será impartido por Francisco J. Álvarez, quen descobre o universo do audio dixital a mediados da década dos noventa, mentres traballaba como ilustrador freelance para publicacións de ámbito nacional e empresas do sector musical. Entre 2004 e 2009 foi codirector da galería DF_Arte Contemporánea de Santiago, actividade que compaxina coa súa carreira artística baixo os alias de VX, Jade, Pantasma, Kasimierz Poulaski ou Joaquín Lana.

Os participantes achegarán o seu ordenador persoal co sóftware xa instalado. Existen versións deste sóftware libre para MacOS, GNU/Linux, Windows e FreeBSD.

Será un curso de iniciación, é dicir, será BÁSICO e terá unha orientación claramente PRÁCTICA. O obxectivo é que o alumnado sexa consciente da gran cantidade de posibilidades que se lle ofrecen con apenas “rabuñar na superficie” de SuperCollider. Estará enfocado á síntese e proceso de audio en tempo real. Non se traballará con mostras nin gravacións. O curso non está enfocado á síntese de imaxe ou desenvolvemento de GUI (graphic user interface).

http://www.istoenormal.org

Información e matrícula: O prazo de matrícula comprende desde o día 20 de febreiro até o día 9 de marzo. Lugares de matrícula:

NORMAL Espazo de Intervención Cultural. Paseo de Ronda 47, Campus de Riazor Oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar. Campus de Elviña. Teléfono: 981167000, extensións: 4502, 1954 e 1962.

Categorías: red_aacc

Performance Devuison de Berio Molina

Mié, 15/02/2012 - 09:37

Este é o video da performance que fixemos no festival ChamalleX, co proxecto Devuison.

Tivo lugar na SalaX da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, o martes 8 de novembro do 2011

Performer 1: María Roja
Cámara: Ángel Sousa
Fotos: Chiu Longina

Docs:
Programa Chámalle X

Diario de Pontevedra

Vidavedra

Devuison performance at ChamalleX from berio on Vimeo.

Categorías: red_aacc

Centro de Gravedad Permanente

Mié, 15/02/2012 - 09:24

Despedida y Cierre

Muchos de vosotros ya sabéis que el Centro de Gravedad Permanente dejó hace ya algún tiempo de programar actividades pero queremos hacer público de manera oficial que el espacio físico cierra sus puertas después de un año y medio de vida activa durante el que esta plataforma trato de servir de espacio de creación y muestra artisticas en su vocación de catalizar la actividad de diferentes creativos, artistas, productores etc,

La materialización de esta propuesta así como la experiencia que supuso ha sido realmente enriquecedora e instructiva para nosotros y esperamos que en parte así haya sido también para el resto de personas que se sumaron a ella y también para la salud cultural de la ciudad.

Por eso queremos agradecer su apoyo a todas las personas que se asociaron a Amalgama a lo largo de este tiempo, a todas las bandas que pasaron por el espacio a ofrecernos su directo, a todos los artistas que participaron en las diferentes exposiciones, a todos los que apoyaron desinteresadamente la iniciativa y colaboraron con nosotros así como al publico asistente a los distintos eventos. Los integrantes de esta heterogenea agrupación continuaremos promoviendo y protagonizando iniciativas culturales, ya sea bajo el nombre de la asociación o a nivel individual. Os mantendremos informados...

Amalgama pretende despedirse (hasta luego...) con varios eventos en los que participarán colaboradores del Centro de Gravedad Permanente, tanto compañeros de viaje desde los comienzos del camino como personas que nos hemos encontrado a lo largo de esta experiencia.

El primero de estos eventos se realizará en O Torreiro da Festa el martes 21 de Febrero (martes de Carnaval)

En el contaremos con la propuesta de Liqen y Kaya, que bajo el nombre de KALIYAKEN presentaran en Vigo una propuesta experimental "sonoro-visual de disturbio" en sus propias palabras (http://kaliyaqen.wordpress.com/)

LA ORQUESTA METAMOVIDA, conocida orquesta experimental de improvisacion conducida en la que participan entre 10 y 15 musicos de bandas amigas como Cró!, Durarará, Buogh, Es un árbol, Unicornibot, Guerrera o Why Go http://www.metamovida.org/index.php

UNDRESSOLER, del mismo proyecto de virtuosismo musical en clave de parodia punk contaremos con una sesión de Drum&Brute e Industrial Hardcore por Andressolo http://www.youtube.com/user/AndressoloCabezatolo

ELECTROMORDOR, experimento electronico de un multiinstrumentista atormentado que incorpora los sonidos de las almas atrapadas más allá del monte del destino www.myspace.com/electromordor

CLOVER que recientemente finalizaron la grabación de su primer album, “The Stolen Beats”." Un auténtico viaje psicodélico de una hora de duración hacia los parajes más recónditos de la mente humana" http://allclovers.bandcamp.com/

Ademas organizamos un sorteo mediante rifas de obra grafica de diferentes artistas que participaron en una u otra exposicion de las que tuvieron lugar en el C.D.G.P.

Estos trabajos estarán expuestos durante el concierto para la presentación y puesta en venta de las rifas en el propio concierto y desde ese momento hasta semana santa, en otros bares y tiendas amigas

Las rifas tendran un precio de 1 Euribor cada una y el sorteo se llevara a cabo en un nuevo concierto que organizaremos en Semana Santa. En el caso de que no podais asistir, colgaremos igualmente los numero ganadores en el blog y en facebook Iremos subiendo la lista de artistas que colaboran en el sorteo, hasta el momento ya contamos con obra de:

Doa oa
Raigal
Liqen
David Mr. The Freak
Tayone
Beatriz Lobo
Antón García Camaño
Elara Elvira
Jano
Paula Lopez Vallejo
Ines Casarejos

O Torreiro da Festa C/ Rogelio Abalde 16 (Churruca) Martes 21 a las 23:00h La entrada al concierto: 5€

Esperamos veros en O Torreiro da Festa!

Salud.

Asociación Amalgama

mas información en: asociacionamalgama.blogspot.com

Categorías: red_aacc